viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Morre un home de 59 anos atragoado nunha comida familiar en Carnota

Ambulancia do 061. ARQUIVO
Unha ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

Un home de 59 anos de idade faleceu este sábado atragoado durante unha comida familiar nunha vivenda do municipio coruñés de Carnota. 

Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo de emerxencia, o suceso tivo lugar sobre as 12.57 horas nunha casa situada na parroquia de Lariño. 

Até o punto acudiron efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muros, así como unha ambulancia e un médico da zona, ademais do helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago. 

Estas fontes sinalaron que un dos irmáns do home foi o primeiro en tentar reanimalo ao decatarse de que non respiraba ben. Despois diso, tamén foi atendido polo persoal de 061, aínda que faleceu no punto. 

Morre un home de 59 anos atragoado nunha comida familiar en Carnota