Morre un home nun accidente de tráfico rexistrado en Gondomar

A vítima, de 41 anos, foi localizada no exterior do turismo

Un home perdeu a vida na tarde deste sábado tras sufrir un accidente co seu vehículo na estrada cara ao Monte Galiñeiro, en Gondomar.

A vítima, de 41 anos, foi localizada no exterior do turismo, polo que, posiblemente, saíu despedida do coche logo de chocar contra algún obxecto. Así o comunicaron ao 112 Galicia as testemuñas do accidente, que se produciu ás 17:30 horas desta tarde.

Enseguida, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Urxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais sanitarios que nada puideron facer por salvar a vida do mozo. Do mesmo xeito, pediuse a colaboración dos membros do  GES do Val Miñor e dos axentes da Garda Civil de Tráfico co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o sinistro.