Un home morreu este xoves ao caer do tellado dunha granxa situada no concello coruñés do Pino, no lugar do Couto Pequeno, na parroquia de Medín.
Segundo confirmaron fontes do 112-Galicia a Europa Press, o suceso ocorreu ás 14.45 horas desta xornada, cando o home se atopaba traballando na cuberta da granxa.
A pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida ao operario, confirmaron os servizos de emerxencias a través das súas redes sociais.
Até o lugar dos feitos tamén se trasladou a Garda Civil correspondente ao distrito da Coruña.