Morre un home atropelado por un camión en Oroso

Ocorreu sobre as 5.00 horas no quilómetro 47 da N-550

Un home morreu na madrugada deste mércores atropelado por un camión na localidade coruñesa de Oroso, segundo informa Urxencias 112 e fontes dos Bombeiros de Ordes. O accidente ocorreu sobre as 5.00 horas no quilómetro 47 da N-550.

O 112 recibiu un aviso do ocorrido e alertou a 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Ordes e de Santiago. Unha vez no lugar do accidente, a pesar dos esforzos realizados, os servizos de urxencia tan só puideron confirmar o falecemento do home.

As forzas de seguridade investigan as causas do sinistro.