Un home de 54 anos faleceu este xoves en Vigo nun accidente de tráfico, ao precipitarse por un desnivel o coche que conducía, na Subida á Madroa, segundo confirmaron fontes do 112 Galicia.
O sinistro produciuse sobre as 13.45 horas, e ao lugar acudiron efectivos de urxencias médicas do 061, que deron aviso ao 112. Desde a Axencia Galega de Urxencias mobilizouse aos bombeiros e á Policía Local de Vigo.
Os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida deste home, cuxo corpo tivo que ser excarcerado, xa que estaba atrapado no interior do vehículo.