Josefina Villaverde, a muller máis lonxeva de Galicia e de todos os afiliados do PSOE en España, faleceu este domingo no seu domicilio de Cuntis con 110 anos, segundo difundiron diferentes agrupacións socialistas a través das redes sociais.
Ademais, o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, lamentou a perda da "súa compañeira máis lonxeva". "Unha muller valente, vital e comprometida cos valores socialistas á que botaremos de menos", engadiu a través da súa conta de Twitter.
Lamentamos hoy el fallecimiento de Josefina Villaverde, nuestra compañera más longeva del @PSOE. Una mujer valiente, vital y comprometida con los valores socialistas a la que echaremos de menos. Mi pésame para su familia, amigos y compañeros del @PSdeG. https://t.co/NCnXy2Qown
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) November 8, 2020
Tamén o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, expresou nun tuit a súa "tristeza" polo falecemento desta "gran muller, comprometida e de ideas socialistas".
Ambos os líderes deron o seu "pésame" á familia, aos seus amigos e á agrupación local. Pola súa banda, o PSOE de Cuntis, localidade natal de Josefina Villaverde, manifestou na súa conta de Facebook o seu "loito" pola perda dunha muller "das que deixan pegada".
"Loitadora, libre, comprometida e adiantada aos seus tempos. Os 110 anos non quitáronche o sorriso dos teus beizos. Sempre disposta a compartir vivencias e saberes, fuches e serás por sempre un referente para Cuntis e para o socialismo", continúa.
O PSOE do municipio tamén expresa as súas "condolencias" e súmase "á dor" da familia. "As persoas márchanse, pero das que son boas, como ti, sempre perdurarán os bos recordos. Sempre te levaremos no corazón e no pensamento. Que a terra che sexa leve", dedícalle finalmente o seu partido.
Ata sempre, Josefina ❤️ Hoxe é día de loito para os socialistas de Cuntis e de toda Galicia. A noite pasada deixounos a...
Posted by Socialistas de Cuntis on Domingo, 8 de novembro de 2020