Morre un mecánico esmagado por unha furgoneta no polígono de Begonte

Unha das eslingas que suxeitaban o vehículo rompeu e este esmagou ao operario

Lugar en el que falleció un operario en Begonte. TVG
photo_camera Polígono industrial de Begonte. AEP

Un traballador, de 40 anos e iniciais J.A.G.M., faleceu este domingo ao quedar atrapado baixo unha furgoneta no polígono industrial de Begonte.

Segundo informa o 112, o vehículo estaba nun guindastre suxeito por unha eslinga (unha cinta que se usa para elevar pesos), que rompeu, o que provocou que a furgoneta caese sobre o operario.

O suceso ocorreu ás 10.45 horas. Foron informados os Bombeiros de Vilalba, o GES de Guitiriz e a Garda Civil. O traballador foi excarcerado pero, a pesar dos esforzos dos servizos médicos, só púidose confirmar o seu falecemento.