Morre un neno de 12 anos tras caer por accidente desde un piso en Ourense

Coches da Policía Nacional. DP
photo_camera Coches da Policía Nacional. DP
Un neno de 12 anos morreu este mércores tras precipitarse desde un sétimo piso dunha vivenda situada na rúa Cardenal Quevedo desa cidade, segundo informou a Policía Nacional.

O suceso foi accidental, segundo indicou este corpo.

A noticia causou unha gran consternación entre os veciños, así como no centro educativo ao que acudía o pequeno. 

Comentarios