Morre un motorista de 75 anos en Mos

Un home de 75 anos, que conducía un ciclomotor, faleceu ás 13,15 horas deste domingo. A Garda Civil, que está a investigar os feitos, valora unha posible morte natural. 

Segundo informou o Instituto Armado, o home sufriu unha caída do ciclomotor, cando circulaba pola estrada local Alto de Borreiros, en Santiaguiño, en Mos. 

O home é un veciño da localidade. Ata o punto desprazáronse axentes da Garda Civil, que están a investigar as causas do falecemento e non descartan unha posible morte natural.