Morre un motorista nunha colisión contra un coche en Pereiro de Aguiar

O  persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida do home, que tiña uns 40 anos
Lugar do accidente. TVG
photo_camera Lugar do accidente. TVG

Un motorista duns 40 anos de idade morreu este domingo nunha colisión contra un vehículo producida nun cruzamento do municipio ourensán do Pereiro de Aguiar.

Segundo informan fontes municipais a Europa Press, o sinistro ocorreu sobre as 11,15 horas no lugar de Parada, na parroquia de Sabadelle, concretamente na estrada que vai cara a San Miguel do Campo.

O 112 Galicia, tras ter coñecemento do accidente a través do persoal do 061-Urxencias Sanitarias, deu o aviso á Garda Civil de Tráfico, ao GES do Pereiro de Aguiar e aos bombeiros de San Cibrao das Viñas.

Por parte do servizo sanitario, desprazouse até o lugar dos feitos un helicóptero medicalizado con base en Ourense.

No entanto, a pesar dos seus esforzos, o persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida do motorista, un home duns 40 anos de idade, de acordo coas fontes consultadas.