martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

Morre un mozo de 21 anos e outro resulta ferido grave nun accidente en Caldas

Un axente no lugar onde se produciu o fatal accidente. GARDA CIVIL
Un axente no lugar onde se produciu o fatal accidente. GARDA CIVIL
O sinistro rexistrouse na madrugada deste sábado

Un novo de 21 anos, veciño de Portas, faleceu nun accidente de circulación rexistrado na madrugada do sábado no municipio pontevedrés de Caldas de Reis no que resultou ferido de consideración outro home.

O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 228 da N-640 ao fío das 02,00 horas da madrugada, segundo informou este sábado o CIAE 112 Galicia.

A vítima, que perdeu a vida no lugar do accidente, viaxaba como copiloto do turismo, que se saíu da vía. Pola súa banda, o piloto, que sofre feridas de consideración, foi atendido e trasladado a un hospital polos efectivos Urxencias Sanitarias 061.

Morre un mozo de 21 anos e outro resulta ferido grave nun accidente...