Morre unha muller nun accidente de moto en Piñor

O vehículo saíuse da vía e chocou cun farol

Los servicios de emergencia en el lugar del accidente. EP
photo_camera Los servicios de emergencia en el lugar del accidente. EP

Unha muller de 34 anos faleceu na tarde deste martes ao sufrir un accidente a moto na que viaxaba na estrada N-525 á altura da parroquia de San Paio de Loeda, en Piñor (Ourense). 

O sinistro, segundo informa o CIAE 112 Galicia, tivo lugar ao redor das 16.30 horas deste martes no punto kilómetrico 267 da N-525, en sentido Zamora. A moto na que viaxaba a muller, natural de Fene, sufriu unha saída pola marxe dereita e posteriormente chocou cun farol.

Un particular deu a voz de aviso aos servizos de urxencia a través dunha chamada telefónica na que relataba que o estado da vítima era grave. Nese momento, a central de urxencias puxo o caso en coñecemento de Urxencias Sanitarias 061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto do acciente, ao que tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil. 

Con todo, a pesar dos esforzos dos servizos de urxencia, a motorista faleceu no lugar do sinistro.