Morre unha muller atropelada por un deportivo en Vilanova e o condutor foxe

Unha testemuña referiu que o vehículo circulaba a gran velocidade e de forma temeraria
Atropello en Vilanova. DP
photo_camera Atropelo en Vilanova. DP

A central de urxencias do 112 Galicia informou da morte dunha muller nun accidente de tráfico ocorrido este martes en Vilanova de Arousa. A falecida pereceu ao ser alcanzada por un vehículo na Rúa San Mauro.

Segundo a información facilitada polas testemuñas do suceso ao 112 Galicia, o coche continuou a marcha. Foron mobilizados sanitarios, efectivos da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil de Vilanova.

A Garda Civil estableceu un dispositivo de localización para dar co condutor do coche deportivo —Mercedes— branco que a última hora deste martes atropelou mortalmente a muller. A falecida era oriúnda e veciña de Vilanova. Unha testemuña referiu que o vehículo circulaba a gran velocidade e de forma temeraria. 

Comentarios