Morre unha muller atropelada en Lalín

O accidente produciuse na estrada de Rodeiro
Una ambulancia. ARCHIVO
photo_camera Unha ambulancia. ARQUIVO

Unha muller faleceu este martes tras ser atropelada por un vehículo en Lalín. Segundo informa o 112, o accidente produciuse na PO-533, que une a capital dezana con Rodeiro, pouco despois das 16.00 horas

Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Lalín. A pesar dos esforzos por reanimar á vítima, a muller faleceu no lugar.