Morre unha nena de 10 anos en Oleiros tras caer dun patinete

Unha nena de 10 anos morreu tras caer dun patinete en Oleiros e golpearse a cabeza. A menor, que sufriu o accidente a principios de mes, faleceu este xoves despois de permanecer varios días ingresada no Hospital Materno Infantil, atendendo á información da TVG.

A pequena formaba parte da selección galega alevín de taekwondo. A federación galega expresou o seu pesar a través das redes sociais. "Non hai palabras nestes complicados momentos, só acompañar aos seus co noso agarimo e buscar no ceo a esa nova estrela que nos acompaña e guía dende agora", asegura.