Morre un veciño de Vilanova tras sufrir un accidente co tractor que manexaba 

O accidente produciuse pasadas as 11.00 horas no lugar da Pantrigueira

Un home faleceu este sábado en Vilanova cando traballaba co seu tractor nunha leira da súa propiedade, segundo informa o 112. 

O accidente produciuse pasadas as 11.00 horas no lugar da Pantrigueira. Alí acudiron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que nada puideron facer por salvar a vida do home. 

Tamén se desprazou unha dotación dos bombeiros do Salnés, pero descartaron intervir en canto comprobaron que a vítima estaba liberada e accesible. 

Os axentes da Policía Local e da Garda Civil tratan de aclarar as circunstancias que provocaron o sinistro.