Morre un veterinario ao ser golpeado na cabeza por unha vaca nas Nogais

Ocurrió en una explotación de Chan de Vilar
Vacas galegas pacendo. IRIS ÁLVAREZ
photo_camera Vacas galegas pacendo. IRIS ÁLVAREZ

Un veterinario que realizaba tarefas de saneamento gandeiro nunha explotación das Nogais faleceu na mañá deste xoves tras ser golpeado na cabeza por unha vaca. O falecido, de 43 anos e iniciais J.D.R., era veciño da capital lucense e atopábase nunha granxa de Chan de Vilar, na parroquia de Nullán. Ao parecer, el mesmo pediu axuda tras o contratempo que acabou por custarlle a vida.

Tras recibir o aviso, sobre as dez da mañá, o 112 mobilizou a axentes da Garda Civil, efectivos do GES de Becerreá, unha ambulancia do 061 e un helicóptero para a súa rápida evacuación. A pesar dos intentos de reanimación, os sanitarios non puideron evitar o fatal desenlace.

Comentarios