Morren nai e fillo nunha saída de vía na A-6 en Abegondo

Viaxaban nun BMW que acabou na mediana ► Unha terceira ocupante resultou gravemente ferida
Accidente mortal en Abegondo. CABALAR
photo_camera Accidente mortal en Abegondo. CABALAR

Dúas persoas, un mozo de 19 anos e unha muller de 55 –fillo e nai–,  morreron e outra, unha moza de 18 anos, resultou gravemente ferida na mañá deste mércores nun accidente na A-6, no termo municipal de Abegondo.

As vítimas circulaban dirección Arteixo, preto dos campos de fútbol da cidade deportiva do Deportivo, cando o condutor perdía o control do vehículo, da marca BMW.

O sinistro ocorreu ás 09:45 horas no quilómetro 573 da autovía A-6 (Madrid-Arteixo) cando o vehículo en que viaxaban saíuse da vía e chocou posteriormente contra un muro.

Polo momento descoñécense as causas do accidente. O mozo conducía o vehículo, mentres a súa nai ocupaba o asento de acompañante. A muller ferida foi evacuada en helicóptero ao centro médico de referencia.