sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

A morte de dez persoas con covid elevan a 1.246 as vítimas en Galicia

Imaxe dunha traballadora de residencias. EFE
Imaxe dunha traballadora de residencias. EFE
Catro das vítimas proceden da residencia de Vilalba

As vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia eleváronse a 1.246, tras notificar este venres a Consellería de Sanidade dez novas mortes de persoas con covid-19.

Catro destes falecementos rexistráronse na residencia Asilo de Vilalba entre a segunda quincena de novembro e o que vai de decembro. Segundo indica a Xunta, non se comunicaran antes por un erro informático.

A maiores destas catro, Sanidade notificou este venres dúas mortes rexistradas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Trátase dun home de 69 anos e unha muller de 93.

Tamén se comunicou a morte doutra muller de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus) e doutra muller de 94 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf).

Ademais, perderon a vida unha muller de 74 anos e un home de 86 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Conforme á información de Sanidade, todos eles presentaban patoloxías previas.

A morte de dez persoas con covid elevan a 1.246 as vítimas en Galicia
comentarios