Un mozo resulta ferido de gravidade ao saírse da vía co seu coche en Cuntis

O accidente tivo lugar este sábado á primeira hora da mañá

Estado en el que quedó el coche accidentado. CONCELLO DE CUNTIS
photo_camera Estado no que quedou o coche accidentado. CONCELLO DE CUNTIS

Un mozo, natural da Estrada e veciño de Cuntis, resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e envorcar o coche no que viaxaba.

O suceso produciuse antes pouco antes das sete da mañá deste sábado na parroquia de Estacas, Cuntis, cando se dirixía ao seu traballo.

Os servizos sanitarios do 061 desprazáronse ata o lugar do accidente e trasladaron ao condutor ao Hospital Montecelo de Pontevedra. Axentes da Garda Civil investigan as causas do sinistro.