Unha muller é atropelada polo seu propio vehículo en Mos ao aparcar sen freo de man

A vítima foi evacuada en ambulancia ao hospital Fátima de Vigo
Una ambulancia. ARCHIVO
photo_camera Una ambulancia. ARCHIVO

Unha muller foi evacuada por persoal sanitario logo de ser atropelada polo seu propio vehículo ao estacionalo sen freo de man no municipio pontevedrés de Mos.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 21,30 horas unha persoa particular chamou ao servizo de urxencias para solicitar asistencia sanitaria para unha muller que acababa de ser atropelada polo seu coche logo de intentar paralo ao darse conta de que esquecera porlle o freo de man.

"No medio á tentativa de recuperación da estabilidade do vehículo, a inercia do seu desprazamento acabou por alcanzar a condutora e chocar contra outros dous turismos aparcados", sinalaron as mesmas fontes.

Con esta información, os xestores do 112 pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Porriño e aos membros de Urxencias de Mos. Tamén formaron parte do operativo mobilizado axentes da Garda Civil de Tráfico.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar do incidente unha ambulancia de soporte vital básico que trasladou á muller ferida, P.L.P., de 48 anos, ao hospital Fátima de Vigo, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.