Unha muller fai fronte aos ladróns que atracaron a súa froitería en Vilagarcía

Aínda que opuxo resistencia, non puido evitar que levasen 50 euros

Ana Devesa, en su frutería de Vilagarcía. TVG
photo_camera Ana Devesa, na súa froitería de Vilagarcía. TVG

A dona dunha froitería de Vilagarcía fixo fronte o mércores aos ladróns que se coaron por baixo da reixa cando estaba a piques de pechar e, aínda que opuxo resistencia, non puido evitar que subtraesen 50 euros. O roubo tivo lugar cando Ana Devesa, a propietaria, estaba a facer caixa ao mediodía coa persiana medio baixada. Pregunteilles se necesitaban algo e o que me din é que é un atraco. Eu rinme. Enfadáronse e dixeron que era en serio. Sen pensalo, boteille a man ao peito e aperteino", explicou en declaracións á TVG.

Os asaltantes levaban un tempo á espreita no exterior da tenda, cubertos por unha capucha. A touro pasado, dubida do seu modo de actuar. "Creo que foi un acto reflexo, un pouco inconsciente. Quizais non debín actuar así. Penso que me saíu o instinto de defensa, de supervivencia".