Unha muller ingresada en Vigo, primeira víctima mortal con coronavirus en Galicia

Galicia suma 135 contaxiados. O CHUAC xa rexistrou tres altas
El primer fallecimiento en la comunidad se registró en el Hospital Povisa de Vigo. DP
photo_camera Hospital Povisa de Vigo. EP

A Consellería de Sanidade informou este sábado de que unha muller de 92 anos, que dera positivo na proba de coronavirus, faleceu no Hospital Povisa de Vigo. A paciente tiña patoloxía múltiple.

Sanidade indica que se trataba dun caso importado.

135 CASOS. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta informa de que, na última actualización deste sábado, o número de casos confirmados de coronavirus en Galicia ascende a 135.

Do total de persoas diagnosticadas, 55 son da área da Coruña, 7 da de Lugo, 15 da de Ourense, 13 da de Pontevedra, 23 da área de Vigo, 17 da de Santiago, e 5 da de Ferrol.

Sete dos pacientes diagnosticados 7 permanecen en Uci, 27 están en unidades de hospitalización e 101 no domicilio.

Por outra banda, xa se rexistraron as tres primeiras altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Así mesmo, informa de que o total de probas PCR para a detección do virus realizadas polo Sergas é de 1.087.

Comentarios