Unha muller e un menor, rescatados polos bombeiros tras sufrir un accidente de trafico en Carral

Os feridos foron evacuados a un centro hospitalario

Unha muller e un menor tiveron que ser liberados do interior dun vehículo, ao quedar atrapados tras sufrir unha saída de vía no vehículo no que viaxaban, ás 18.50 horas deste sábado, na estrada N-550 ao seu paso pola localidade coruñesa de Carral. 

O Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso tras recibir a chamada de alerta dun particular, que solicitaba a intervención dos Bombeiros, para rescatar a tres persoas atrapadas no interior do turismo. 

Segundo indica o 112, tratábase dunha muller e dous menores, aínda que, finalmente, só un tivo que ser excarcerado xunto coa condutora. O outro, que viaxaba na parte dianteira, contou coa axuda doutra persoa para saír do vehículo. 

Unha vez liberados, os feridos foron evacuados nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia. 

Comentarios