O museo de Estrella Galicia obtén dúas certificacións polas súas medidas de seguridade

Estas foron implantadas con motivo do coronavirus
Visitantes no museo de Estrella Galicia. H.R.
photo_camera Visitantes no museo de Estrella Galicia. H.R.

O museo de Estrella Galicia, MEGA, obtivo as certificacións Global Safe Site e Clean Site Excellence, que outorga Bureau Veritas, pola implantación de medidas de prevención contra o coronavirus desde reapertura o pasado 19 de xuño. 

Segundo a compañía, o museo seguiu un "intenso traballo de adaptación", que conseguiu proporcionar unha "contorna 100% seguro". Ademais, tras a comprobación do "bo funcionamento das medidas", a empresa avanza que ampliará o seu aforamento a partir do 1 de agosto para acoller a 180 persoas diarias baixo a fórmula de visitas guiadas. 

A empresa detalla que se puxo a disposición dos visitantes máscaras, luvas e xeles hidroalcohólicos e os percorridos están sinalizados para manter a distancia social. Ademais, conformen indican fontes de Estrella Galicia, cada persoa recibe un kit individual á súa chegada ao museo, situado na Coruña. 

Comentarios