A néboa obriga a desviar catro voos dirixidos a Vigo e outros tantos con destino A Coruña

Os avións afectados foron desviados a Lavacolla, onde se rexistraron atrasos

Aeropuerto de Peinador. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Aeroporto de Peinador. SALVADOR SAS (EFE)

A néboa rexistrada ao longo deste luns na comunidade galega obrigou a desviar a Santiago catro voos que se dirixían ao aeroporto de Peinador, en Vigo, e outros catro que tiñan previsto aterrar en Alvedro, A Coruña. Nunha xornada complicada para a actividade aeroportuaria, e aínda que se librou das cancelacións, rexistráronse tamén atrasos en Lavacolla.

Diso informaron fontes de Aena, que explicaron que os enlaces afectados na terminal coruñesa procedían de Valencia, Sevilla, Madrid e Barcelona. Todos eles foron desviados a Compostela. 

Pola súa banda, en Vigo foron redirixidos a Santiago dous voos procedentes de Madrid e outro de Barcelona. Ademais, un cuarto que prevía despegar da capital do Estado foi cancelado. 

Comentarios