Nace unha plataforma dedicada ao turismo científico en Galicia

As escapadas aos Ancares e O Courel son algunhas das propostas de Observer Science Tourism
Portal de Observer.EP
photo_camera Portal de Observer.EP

O selo de calidade en turismo científico Observer lanzou unha plataforma con destinos en Galicia. Trátase dunha proposta que chega, a través da web observersciencetourism.com como pioneira neste tipo de escapadas en Galicia e prevé ofrecer nos próximos meses propostas tamén no ámbito estatal e internacional.

Unha das apostas da web pasa por escapadas a Os Ancares e O Courel, abarcando os concellos de Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

A web garante a calidade para viaxes de lecer relacionados coa ciencia en canto a patrimonio natural, actividades, persoal cualificado, conservación da biodiversidade, información específica e restauración e aloxamento.

Para acceder á plataforma tan só é necesario rexistrase como usuario para atopar destinos relacionados coa Astronomía, a Xeoloxía, Botánica ou Historia e consultar información especializada e veraz sobre os mesmos.

Ademais, conta cun planificador de viaxes, coa opción de agregar actividades de formación en Turismo Científico de calidade certificada, polo que só ofrece os servizos de establecemento que cumpran cuns estándares de calidade establecidos por Observer.

A plataforma foi presentada este mércores no Cititus da Universidade de Santiago de Compostela, no marco do proxecto CONTUR 4.0.

Comentarios