A neve bloqueou a decenas de coches e camións na A-54

A provincia de Lugo quedou este venres en alerta amarela por nevadas, vento e forte ondada

Decenas de vehículos fueron auxiliados por la Guardia Civil tras quedarse atrapados en la a-54, a su paso por Lugo. ELISEO TRIGO (EFE)
photo_camera Decenas de vehículos foron auxiliados pola Garda Civil tras quedar atrapados na A-54, en Lugo. ELISEO TRIGO (EFE)

A neve caída nas últimas horas está a condicionar a circulación nas estradas da provincia de Lugo, que está este venres en alerta amarela por vento, neve e forte ondada.

Segundo Emerxencias, moitos condutores puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar as dificultades de transitar por algunhas vías da provincia de Lugo, concretamente, no Alto da Gañidoira, no Alto do Faro, en Chantada; no Alto do Hospital, en Portomarín, e na AG-64, ao paso por Xermade. Tamén houbo problemas en Navia, Muras e Pedrafita na provincia lucense.

Un dos puntos máis afectados da rede viaria galega foi a A-54, ao seu paso por Lugo. Decenas de coches e camións víronse atrapados na autovía e tiveron que ser auxiliados pola Garda Civil e os medios de conservación. 

Estes vehículos tampouco poden circular pola LU-633, desde o quilómetro 0 en Pedrafita do Cebreiro ata o quilómetro 20 en Triacastela, en ambos os sentidos. é obrigatorio o uso de cadeas ou pneumáticos de inverno. 

Neste mesma situación atópase a LU-540, á altura de Muras, desde o km 22 ao km 28, en ambos os sentidos. 

No resto de vías o tráfico está aberto a todo tipo de vehículos, aínda que se pide extremar a precaución na A-6 á altura de As Nogais (km 438-432) en ambos os sentidos e na AG-64 á altura de  Xermade (km 53-40). 

A neve está a condicionar a circulación no Alto dá Gañidoira, en Muras. TRÁFICO FERROLTERRA

VENTO. Os fortes refachos de vento tamén están a causar problemas para circular nalgunhas vías, como na A-8 á altura de Mondoñedo. Recoméndase conducir con coidado desde o km 536 ao 552, en ambos os sentidos.

QUITANEVES. O alcalde de Becerreá e vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez, informou da situación na que se atopa a rede provincial, con espesor de neve de tres centímetros na Fonsagrada e de 10 en Negueira de Muñiz. 

Os quitaneves tamén traballan en Navia de Suarna (cun espesor de neve de entre cinco e 10 centímetros) e maior foi a nevada no Coruel (de 10 a 15 centímetros de espesor). 

As nevadas afectan tamén a estradas de Samos, Quiroga, Pedrafita –onde este venres santo celébrase a XXXII Festa do Queixo do Cebreiro–, Cervantes, Becerreá, Triacastela, As Nogais e Piornedo. Na noite do xoves, de feito, houbo que prestar auxilio a automobilistas na 1301, segundo sinala.

PREVISIÓN. Meteogalicia informou de que a neve, a saraiba e ata ocasionalmente o aparello eléctrico terán protagonismo durante esta xornada. 

Os chuvascos afectaron durante a mañá máis ao oeste da comunidade galega, pero se foron achegando ás montañas de Lugo e Ourense deixando cantidades significativas de neve. 

A última información transmitida por Meteogalicia a través da súa conta de Twitter apunta que a borrasca se irá afastando este venres de Galicia e ata o luns non sentirán os efectos da seguinte. "No medio quedaremos nunha área algo máis estable polo que no fin de semana teremos tempo tranquilo con ascenso de temperatura e apenas choiva", sinala. 

idos.

Comentarios