jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Un neno e dous adultos resultan feridos nunha saída de vía en Arteixo

Vehículo envorcado no accidente de Cerceda. TWITTER
Vehículo envorcado no accidente de Cerceda. TWITTER
Unha persoa sufriu danos considerables tras envorcar o turismo co que circulaba polo municipio coruñés de Cerceda

Unha saída de vía dun turismo no municipio coruñés de Culleredo saldouse con tres persoas feridas, entre as cales se atopa un neno. O accidente, segundo informa o 112, produciuse en torno ás 12.35 horas deste domingo no acceso da AC-14 á A-6, en sentido A Coruña-Arteixo.

A central de urxencias, tras recibir a alerta de mans do 061-Urxencias Sanitarias, informou dos feitos aos bombeiros de Arteixo, a Protección Civil de Culleredo, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

CERCEDA. Por outra banda, unha persoa resultou ferida de consideración tras envorcar o turismo co que circulaba polo municipio coruñés de Cerceda. Segundo informa o 112, o accidente tivo lugar na Silva sobre as 15.55 horas da tarde. O 061-Urxencias Sanitarias mobilizou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que trasladou á persoa afectada a un centro hospitalario. Tras ter constancia do sinistro, o centro do 112 requiriu a intervención dos servizos sanitarios, os bombeiros de Ordes, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil da localidade.

Un neno e dous adultos resultan feridos nunha saída de vía en Arteixo
Comentarios