Noriega rompe relacións co PP por instalarse "na infamia"

Lamenta que o PP busque os "danos no espazo persoal" coa súa denuncia sobre 15 contratos menores 

El alcalde de Santiago, Martiño Noriega. LAVANDEIRA JR.
photo_camera El alcalde de Santiago, Martiño Noriega. LAVANDEIRA JR.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asegurou este mércores que Compostela Aberta "dá por rotas" as relacións institucionais co PP en Santiago, logo de instalarse "na infamia" con acusacións a persoas da contorna persoal dos concelleiros do goberno local.

Desde o PP denunciaron a adxudicación de 15 contratos menores ás empresas Produccións Teatrais Excéntricas, a editorial Apiario e 7H Cooperativa Cultural, coas que supostamente se favoreceu a familiares e persoas da contorna próxima de dous edís de Compostela Aberta, do propio alcalde da cidade e do xefe de gabinete da Alcaldía.

Esa quincena de contratos analizados ascendería a 60.000 e pediron explicacións xa que, segundo a súa acusación, están a transferirse rendas das familias de Santiago "aos familiares e parentes, parellas e irmáns do Goberno local".

En declaracións á prensa, Noriega dixo que no seu caso persoal -en relación a un contrato de 501 euros con Apiario, empresa da que a súa parella é socia- xa se puxeron en contacto co seu avogado para emprender o seu defensa "na vía xudicial".

Recorrerán á xustiza porque o "dano nos ámbitos do espazo persoal" é unha liña que non se debería pasar porque "non é aceptable nin nun clima electoral".

Ademais, o alcalde explicou que o contrato ao que se refiren os populares non foi cobrado pola súa parella senón por unha compañeira da mesma xa que facturan de forma independente.

Con todo, recordou que a súa compañeira, escritora, apartouse de relacións contractuais co concello durante o goberno de Compostela Aberta a pesar de traballar "intensamente" cando rexía o bipartito PSOE-BNG e tamén facelo durante o mandato do PP.

"E se aínda así é difamada é unha liña de non retorno", lamentou Noriega visiblemente afectado as "infamias" lanzadas co seu ámbito persoal e familiar, como expuxo. Mentres tanto, "dou por rotas as relacións co PP de Santiago e co seu portavoz", Agustín Hernández, co que o martes mantivo un encontro.

Consultado pola posibilidade de que estas acusacións afecten os resultados electorais das municipais de maio, Noriega expuxo que "se a infamia lle pasa factura a Compostela Aberta, é que a infamia triunfará e verémonos con Vox e outras forzas" tras os comicios.

Marta Lois: "Non vou entrar no xogo do PP"
Nunha liña similar manifestouse a concelleira responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, - vinculada co contrato de 605 euros de Produccións Teatrais Excéntricas pola actuación de Quico Cadaval-, que tamén avanzou que na súa contorna están a valorar "denunciar" aos populares.

As acusacións son, ao seu xuízo, "marca da casa da estercoleira do PP", coas que ademais se retratan porque deben estar "moi preocupados polos resultados electorais".

Segundo Lois, as denuncias vertidas desde o PP son "calumnias" que afectan a pesonas relevantes da cultura, non só compostelá senón tamén galega, polo que "iso non é facer política, é outra cousa", mesturando "asuntos que non competen á política".

Ademais, Lois preferiu non profundar na relación que a unía co dramaturgo; "non vou entrar e o xogo do PP" afectando a persoas con vínculos familiares ou persoas dos responsables locais porque a eles dálles igual "caia quen caia". 

Comentarios