A 'nova esperanza' de Jácome contra o "imperio do mal" de Manuel Baltar

Democracia Ourensana

"Que a forza nos acompañe no Concello... Pero forza bruta". O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, avanzou o rearmamento do seu grupo no pleno municipal coa toma de posesión o mércores como concelleiro de Telmo Ucha.

Así, publicou nas redes un vídeo paródico da Guerra das galaxias onde o sitúa xunto ao seu outro edil afín, Armando Ojea, e a el mesmo como os jedis en loita contra o "imperio" do "mal que quere o poder", representado por Manuel Baltar e o concelleiro crítico Miguel Caride

Comentarios