sábado. 05.12.2020 |
El tiempo
sábado. 05.12.2020
El tiempo

"Fixéronme o test da covid, e agora que?"

Carpa instalada no Hula para realizar PCR. XESÚS PONTE
Carpa instalada no Hula para realizar PCR. XESÚS PONTE
Sanidade crea unha infografía co protocolo con toda a información relevante ao respecto
 

Unha das cousas que trouxo consigo o coronavirus foron as dúbidas e as incertezas. Este sábado Sanidade quixo contribuir a frear esas inquedanzas coa creación dunha infografía na que se detalla de xeito visual todo o protocolo correspondente aos feitos posteriores á realización dun test da covid.

infografia 1

QUEN LLE VAI A COMUNICAR O RESULTADO?

- Resultado positivo: Chamada telefónica do seu médico de familia.

- Resultado negativo: SMS

- Contacto estreito: A Central de Seguimento de Contactos

QUEN LLE VAI REALIZAR O SEGUEMENTO?

- Covid positivo: O seu Centro de Saúde

- Contacto estreito: A Central de Seguimento de Contactos

CANDO DE SE DÁ A ALTA?

- Paciente infectado covid positivo:  Será comunicada polo Centro de Atención Primaria

  • Sintomáticos:  Polo menos dez días de illamento dende o inicio dos síntomas, os últimos tres días sen síntomas e sen tratamento para a infección
  • Asintomáticos: Dez días de illamento dende a data da proba

- Persoa contacto estreito: Será comunicada pola Central de Seguimento de Contactos

  • Alta aos dez días: Con realización PCR negativa do día dez
  • Alta aos catorce días: Sen a realización PCR do día dez

Ademais, a infografía tamén indica aspectos a ter en conta como: se alguén é coidador dunha persoa covid positivo, as condicións de illamento, as condicións de corentena, os obxectivos da corentena, as medida habituais para frear o virus e os teléfonos de contacto para dar conta de problemas ou dúbidas.
infografia 2

"Fixéronme o test da covid, e agora que?"
comentarios