Sete novos falecidos elevan a 951 o total de vítimas da covid-19 en Galicia 

Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)
photo_camera Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)

Sete novos falecidos con covid-19 confirmados nas últimas horas elevan a 951 o total de mortes rexistradas en Galicia debido á incidencia da pandemia. Polo menos dous dos casos procedían de residencias de maiores. 

En concreto, trátase dun home de 58 anos, falecido no Complexo Hospitalario da Coruña e que do centro Ricardo Baró de Oleiros; e dunha muller de 91 anos que procedía da residencia San Cibrao de Cervo, e que se atopaba ingresada no Hospital Público da Mariña. 

O resto de casos son un home de 66 anos no CHUAC, unha muller de 95 anos e home de 93 no Complexo Hospitalario de Vigo, e outras dúas mulleres: unha de 83 anos no Arquitecto Marcide e outra de 89 no Hula. 

Segundo engaden as autoridades sanitarias, todos os falecidos presentaban algunha patoloxía previa. 

Con este sete vítimas, a comunidade galega alcanzou o total de 951 falecidos este martes. Esta mesma semana, o luns, rexistrouse o maior número de mortes por coronavirus nesta segunda onda da pandemia e con cifras que se remontan a principios do mes de abril. 

O pasado xoves notificouse o maior número de mortos nunha mesma xornada desde que comezou a segunda onda (13) e superouse a barreira dos 900 falecementos con coronavirus. 

A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados coa pandemia. 

Comentarios