Unha brutal tormenta causa inundacións e rescates en varias localidades ourensás

Un home foi restacado en Monterrei e unha muller en Verín Está activada a alerta laranxa na zona da montaña 

Efectivos da Gardia Civil rescatando unha muller nunha das zonas afectadas. EMERXENCIAS OURENSE
photo_camera Efectivos da Garda Civil rescatando a unha muller nunha das zonas afectadas. EMERXENCIAS OURENSE

Un home tivo que ser restacado en Monterrei e unha muller na próxima localidade de Verín debido ás fortes choivas caídas este luns na provincia de Ourense, segundo informa o 112 Galicia.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por tormentas e choiva na zona da montaña de Ourense.

Un home que se atopaba ferido tivo que ser rescatado en helicóptero tras ser arrastrado pola forte tromba de auga caída en Monterrei. 

Ademais, unha muller que se atopaba encamada tivo que ser evacuada polos servizos de urxencia despois de que se alagase a súa vivenda en Verín. 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisou de precipitacións acumuladas de ata 30 mm nunha hora, segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado. 

Comentarios