As obras da alta velocidade interromperán a liña Zamora-Ourense entre este venres e o luns 

Adif establecerá un plan alternativo de transporte por estrada, a través de autobuses

Pasajeros esperando por un tren. RAFA FARIÑA
photo_camera Pasaxeiros esperando por un tren. RAFA FARIÑA

A continuación das obras da alta velocidade entre Madrid e Galicia obrigarán a interromper a liña Zamora-Ourense entre as 21.30 horas deste venres e a tarde do luns, 6 de agosto. 

Deste xeito, segundo informou Adif nun comunicado, establecerase un plan alternativo de transporte por estrada, a través de autobuses, para os viaxeiros de 49 trens que circulan nas relacións Galicia-Zamora-Madrid e Puebla de Sanabria-Valladolid. 

Estes traballos permitirán pór en servizo a variante de La Hiniesta (Zamora), de modo que estas liñas ferroviarias contará a partir do 7 de agosto cun tramo en triplo fío entre Zamora e o punto no que entrará unha nova plataforma compartida coa alta velocidade. 

Neste contexto, os pasaxeiros cuxos traxectos se vexan afectados disporán de autobuses en certos tramos. Así, a aqueles que as novas condicións de viaxe non se axusten ás súas necesidades, poderán anular ou cambiar –se é para idéntica clase– o seu billete sen custo. 

Ademais, en caso dos transbordos de autobús, os clientes de clase turista terán dereito a devolución do 20% do importe da viaxe, mentres que en clase preferente poderá recuperar a diferenza entre o billete do traxecto afectado e o 80% do importe da clase turista. 

Comentarios