As oposicións para 1.215 prazas do Sergas serán o 29 de febreiro e o 1 de marzo

Para esta fin de semana xa estaban fixados os exames para 277 prazas de enfermería, fisioterapia e servizos xerais
Oposiciones. LUIS POLO
photo_camera Oposiciones. LUIS POLO

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves as datas dos exames que se celebrarán este trimestre para cubrir 1.492 prazas sanitarias e volveu a pedir ao Goberno central que levante o límite para a contratación. 

Deste xeito, indicou que o 29 de febreiro celebrarase a proba para as 772 prazas para auxiliares de enfermería e técnicos de auxiliar de enfermería e o 1 de marzo a correspondente ás 443 prazas para enfermería obstétrica, médicos de familia e de atención primaria e pediatras 

Ademais, recordou que a próxima fin de semana, 8 e 9 de febreiro están fixados os exames para as 277 prazas de varias categorías de Enfermería especialista, Fisioterapia e persoal de servizos xerais.

"Necesitamos levantar os límites da oferta pública de sanidade, non estamos de acordo coa autorización que nos dá o Ministerio e estámoslle pedindo máis prazas para poder ofertar", sentenciou Núñez Feijóo en conferencia de prensa, na que recordou que Galicia “sempre” convocou o "máximo" de prazas autorizadas.

O máximo mandatario autonómico incidiu en que unha maior oferta serviría para evitar a "concatenación de contratos" derivada das restricións empregadas polo Executivo central que "durante cinco anos" puxo o límite para as ofertas públicas nun dez por cento das prazas vacantes.

Por iso, "inevitablemente tiñamos que facer contratos temporais", ante o que agora solicitan que se poidan convocar novas prazas para conseguir que ese persoal poida acceder a unha praza como “persoal estatutario fixo”.

Para Núñez Feijóo o feito de imposibilitar a contratación mediante oferta pública para unha forma “interesada” de tensionar a sanidade pública, ben "por impericia ou por mala fe".

Comentarios