As orcas volve atacar a un veleiro en Galicia

Unha embarcación de nacionalidade británica tivo que ser remolcada ata o porto da Coruña
Un grupo de orcas. PIXABAY (Skeeze)
photo_camera Un grupo de orcas. PIXABAY (Skeeze)

As orcas volveron a protagonizar un incidente nas costas galegas ao danar novamente unha embarcación.

Nesta ocasión un grupo destes cetáceos ha embestido ao Beatiful Dreamer, un veleiro de bandeira británica con tres tripulantes a bordo que tivo que ser remolcado ao ver o seu temón danado tras ser atacado a seis millas de cabo Prior. O Salvamar Betelgeuse, de Salvamento Marítimo foi o encargado destes labores.

Este non é o primeiro suceso protagonizado por estes animais nas costas galegas. A finais de agosto rexistráronse dous ataques de similares características nas Rías Baixas cando un veleiro francés e unha nave da Armada española sufriron danos tras as arremetidas dun grupo de orcas.

Salvamento Marítimo advirte a todas as embarcacións que eviten achegase a estes cetáceos en caso de avistamento.