"Por orde do señor alcalde: quedan desactivados os 'bolardos' asasinos"

Jácome ordenou baixar os obstáculos de ferro no centro histórico de Ourense nun acto simbólico
Jácome ordena desactivar los bolardos asesinos de Ourense. DO
photo_camera Jácome ordena desactivar os bolardos asasinos de Ourense. DO

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ordenou este mércores a desactivación definitiva dos "bolardos asasinos", coincidindo co mércores de cinza.  Trátase dun sistema que, ao seu parecer, "nunca se debeu implantar". 

Os obstáculos de ferro que impiden o acceso a vehículos non autorizados no casco antigo de Ourense levaban en funcionamento desde hai aproximadamente dúas décadas". Neste período de tempo causaron "1.500 incidencias en vehículos con reparacións de ata 3.000 euros e numerosas lesións en viandantes", dixo Jácome. 

O rexedor acudiu á confluencia das rúas Concordia e Santo Domingo para dar en persoa a orde de desactivar o sistema de control de acceso.  Jácome xustificou o feito de non "esperar a dispor do novo sistema de cámaras de vixilancia -que aínda tardará uns meses- para proceder á súa desactivación". Mentres tanto serán os axentes policiais os encargados de controlar "que non se produzan infraccións e impor as sancións oportunas". 

Neste sentido, o alcalde considera que "os condutores terán aínda máis dificultades agora para cometer unha infracción porque se arriscan a unha multa", mentres que antes tamén había zonas da cidade polas que se podía acceder ao casco antigo sen exporse a unha sanción. 

Comentarios