O outono chega este luns con choiva en Galicia

Na comunidade predominarán os ceos nubrados, con precipitacións que irán a máis a medida que avanza a xornada
Mapa del tiempo. EP
photo_camera Mapa do tempo. EP

O outono empeza este luns e traerá choivas a Galicia no seu debut. Na comunidade predominarán os ceos nubrados, con posibilidade de precipitacións débiles e dispersas, que serán máis probables e intensas a partir da tarde, especialmente no extremo oeste, onde serán persistentes, podendo ser localmente fortes ao final.

Aínda que o verán galego estivo climatoloxicamente dentro dos valores normais -iso si, con temperaturas máis baixas que os catro anteriores-, o outono será máis cálido do habitual con precipitacións normais, segundo datos e predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía.

O verán non tivo temperaturas demasiado altas, xa que non se superou o limiar dos 40 graos, sen picos de temperatura extremas nin ondas de calor que afectasen á comunidade. En canto ás precipitacións, os valores tamén foron normais (un 97% do valor habitual), aínda que choveu un pouco máis do normal e, en concreto, na provincia de Ourense rexistráronse bastantes tormentas.

Comentarios