Laureano Oubiña presentará as súas memorias ante o Pazo de Baión

O exnarcotraficante asinará exemplares ante a que fora a súa propiedade máis mítica

Oubiña, con sus memorias.  BALLESTEROS
photo_camera Oubiña, con sus memorias. BALLESTEROS

Laureano Oubiña presentará este venres o seu libro Toda la verdad na praza da igrexa de Baión, en Vilanova de Arousa, un emprazamento con vistas ao Pazo de Baión.

Oubiña escolleu o seu antigo Pazo, agora propiedade da adega de albariño Condes de Albarei, para a presentar, ás 11.00 horas, o seu libro autobiográfico no que conta as súas memorias como "contrabandista" de tabaco e a súa detención no marco da operación Nécora.

Durante o acto haberá unha rolda de prensa cos medios, unha charla cos invitados e unha degustación de viños e produtos da gastronomía galega. Ademais, Oubiña asinará exemplares das súas memorias, subtituladas Ahora es mi turno.

A de Vilanova de Arousa é a segunda presentación do seu libro. O pasado 22 de xuño fíxoo en Madrid na fundación de rehabilitación e reinserción social San Francisco de Agarrades, un centro de reinserción de inmigrantes ao que leva acudindo un ano, primeiro cada día cando gozaba do terceiro grao e durmía no cárcere de Alcalá-Meco e agora tres veces á semana ata que, en agosto, deixe de estar en liberdade condicional.

Comentarios