O pacto PSOE - Podemos inclúe "a recuperación inmediata" do Pazo de Meirás para o público

Reaccións dispares ao acordo entre os políticos galegos
Foto de archivo do Pazo de Meirás. AEP
photo_camera Foto de arquivo do Pazo de Meirás. AEP

O PSOE e Unidas Podemos incluíron no seu acordo "a recuperación inmediata do Pazo de Meirás" para o patrimonio público. Con todo, non é esa a prioridade á que o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, ligou o seu apoio na investidura e si a cuestións como unha transición enerxética "xusta" ou o freo ao reiterado aumento nas peaxes da AP-9.

As reaccións ao programa presentado este luns foron diversas desde a perspectiva política galega. Nun apartado sobre a "memoria democrática" hai un punto que alude " súa recuperación". É aí onde PSOE e Unidas Podemos acordan "auditar os bens expoliados polo franquismo para devolvelos aos seus lexítimos titulares", entre os que se atoparía o de Meirás, o pazo de Sada que serviu como residencia estival ao ditador Franco e do que os seus herdeiros dispoñen coma se fose propio.

REACCIONES. A resposta ao acordo presentado foi desigual en Galicia. A viceportavoz do PPdeG no Parlamento galego, Paula Prado, lamentou que Sánchez pacte "con quen queren romper España" e non fale co PP. O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou que o acordo recolle as "grandes necesidades do país" ao establecer como prioridades "a educación, a igualdade, o emprego e a sanidade pública".

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, asegurou que a transferencia da titularidade da AP-9 á Xunta "xa está aprobada" no Parlamento autonómico e no Congreso, polo que considerou que o Goberno atenderá ao lexislativo.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, expresou pola súa banda a súa "decepción", xa que considera que o acordo "esquece de novo as necesidades de Galicia".

Comentarios