Un palangreiro de Celeiro leva encallado desde o domingo na costa de Escocia

Os 15 tripulantes foron evacuados en helicóptero e atópanse sans e salvos
El Coelleira, encallado. Royal National Lifeboard Institution
photo_camera O Coelleira, encallado. ROYAL NATIONAL LIFEBOARD INTITUTION

Un barco de bandeira británica pero con base en Celeiro permanece encallado desde primeira hora do domingo na costa de Escocia, concretamente nunha zona de rochas moi perigosas coñecida como The Ve Skerries.

Os 15 tripulantes do Coelleira foron evacuados en helicóptero e atópanse sans e salvos. O palangreiro que encallou ten 27 metros de eslora por 7 de manga. As autoridades costeiras escocesas abriron unha investigación para determinar as causas do accidente.

A zona na que encallou o buque, que non puido ser liberado aínda, atópase ao norte de Escocia, nas chamadas Illas Shetland e, máis en concreto, cerca do illote coñecido como Papa Stour.

Comentarios