O Parque Nacional das Illas Atlánticas conta co seu primeiro hotel de insectos

Este espacio, impulsado por la Asociación Amicos, estaría destinado a facilitar la cría e hibernación de los animales
Hotel de insectos en las Illas Atlánticas. EP
photo_camera Hotel de insectos nas Illas Atlánticas. EP

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas conta xa co seu primeiro hotel de insectos, unha iniciativa coa que se facilitará un habitáculo e un lugar de cría e hibernación para este tipo de organismos co fin de preservar os seus ecosistemas.

O proxecto foi inaugurado este martes en Sálvora, coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o obxectivo é estendelo ao resto do parque e así contar a medio prazo cunha instalación deste tipo en cada arquipélago.

A asociación Amicos foi a colaboradora esencial para impulsar esta iniciativa no parque. As estruturas están elaboradas a partir de naturais propios da zona, como piñas e restos de madeira, ladrillos perforados ou fragmentos de antigas tellas recicladas.

Esta instalación dará acubillo aos insectos presentes en Sálvora, como abellas silvestres, avispas escavadoras e outro tipo de seres propios da illa. Ao tempo, permitirán impulsar traballos de educación ambiental e axudarán a divulgar a importancia destes organismos de face á conservación da biodiversidade e o equilibrio ecolóxico. As construcións refuxio situaranse en puntos asollados e protexidos da zona, resgardados do vento e a choiva e próximos a areas con plantas silvestres e arbustos.

Comentarios