O Parque Nacional das Illas Atlánticas amplía o proxecto de seguimento do corvo mariño

Galicia é "pioneira" na aplicación destas tecnoloxías que permiten coñecer a localización exacta a tempo real destes animais
Faro de Cíes. DP
photo_camera Faro de Cíes. DP

O Parque Nacional das Illas Atlánticas amplía o proxecto que se iniciou o ano pasado para o seguimento remoto do corvo mariño coa "incorporación de dous novos exemplares", informou a Xunta nun comunicado este domingo. 

Dous machos pertencentes ás colonias da illa do Faro, no arquipélago das Cíes, equipáronse cun sistema de vixilancia a través duns dispositivos "ultraligeros", que permitirán controlar as poboacións do corvo en distintas zonas. 

Así mesmo, apuntaron que Galicia é "pioneira" na aplicación destas tecnoloxías que permiten coñecer a localización exacta a tempo real destes animais. 

Segundo o balance provisional do proxecto, o ano pasado recolléronse 4.000 posicións e este ano 7.000, sinalou a Xunta. A distribución destes animais, indica que os corvos "utilizan unha área mariña moi extensa das Rías Baixas". En concreto: Cíes, Ons, Onza, Nerga, Aldán, Sálvora, Ribeira e tamén a Illa de Arousa. 

Os datos suxeriron que estas aves poderían estar "a se alimentar fose do espazo protexido" e que pasarían longas tempadas fóra del, explicaron desde o goberno autonómico. 

Comentarios