Parter deposita o aval e pecha a compra das plantas de Alcoa

Esta operación deixa sen efecto o ERE que afectaría a 700 traballadores da Coruña e Avilés
Factoria de Alcoa en A Coruña. CABALAR
photo_camera Factoria de Alcoa na Coruña. CABALAR

O fondo suízo Parter Capital presentou as garantías de liquidez que se lle requiriron para a compra das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, co que a compravenda das fábricas, que a multinacional estadounidense de aluminio pretendía pechar, vaise executar este mércores.

A ministra de Industria, Reyes Maroto, comunicou a noticia tras a reunión da comisión de seguimento dos acordos polo mantemento da actividade industrial nas dúas fábricas.

As garantías adicionais que se lle requirían a Parter Capital ascenden a 30 millóns de dólares (uns 27 millóns de euros) e esa cantidade non será percibida por Alcoa, senón que quedará como respaldo das futuras operacións das plantas.

ERE. Esta operación deixa sen efecto o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectaba a un total de 700 traballadores das plantas que Alcoa ten na Coruña e Avilés.

Ademais, esta compravenda asegura a continuidade desta dúas factoría por un prazo mínimo de dous anos, período no que o Goberno se comprometeu a buscar unha solución para o conflito da tarifa enerxética.

Comentarios