A Veiga amence a -5,4 graos en pleno mes de abril

O municipio ourensán da Veiga marcou a mínima de Galicia con -5,4 graos nun mércores coa cota de neve nos 1.200 metros

Helada junto a la autovía. AEP
photo_camera Helada en Lugo. AEP

O municipio ourensán da Veiga rexistrou este mércores a temperatura mínima de Galicia, con -5,4 graos centígrados, nunha xornada de primavera con valores negativos tanto en localidades de montaña como en zonas baixas. 

Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 9.00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, as mínimas máis significativas en zonas situadas a máis de 900 metros de altura, como A Veiga, corresponderon a Carballeda de Valdeorras (Ourense), con -4,5º, e ás localidades lucenses de Cervantes e Pedrafita do Cebreiro, con -2,3º en cada caso. 

Mentres, en municipios con altitude menor de 900 metros Melide (A Coruña) e Guitiriz (Lugo) rexistraron -1,2º nas primeiras horas deste mércores, mentres que os termómetros en Vilalba (Lugo) caeron ata os -0,8º, aos -0,7º en Arzúa (A Coruña) e aos -0,6º en Verín (Ourense).

Este mércores prevese que a cota de neve se sitúe nos 1.200-1.300 metros pola tarde e un lixeiro descenso das temperaturas mínimas. O martes foron protagonistas as granizadas, que provocaron moitos accidentes de tráfico na comunidade. 

Comentarios