Condena de 110 anos para o etarra que asasinou a un militar galego en 1995

A Audiencia Nacional considera probado que foi quen colocou a bomba-lapa no coche de Luciano Cortizo en León

El etarra Sergio Polo. AEP
photo_camera El etarra Sergio Polo. AEP

A Audiencia Nacional condenou a 110 anos de cárcere ao etarra Sergio Polo, ao considerar acreditado que foi quen en 1995 en León colocou unha bomba lapa no coche do comandante do Exército Luciano Cortizo, natural da Rúa de Petín, que, ao estalar, causoulle a morte e feridas graves á súa filla, de 18 anos.

A Fiscalía pedía para el 122 anos de prisión, pero a sección primeira do Penal da Audiencia Nacional condenouno a 12 anos menos tras retirarlle o delito de tenencia de explosivos ao ser condenado polo mesmo delito noutro procedemento.

A sentenza imponlle 30 anos de prisión polo delito de asasinato terrorista contra membro das Forzas Armadas e outros 80 anos por outros catro delitos frustrados (20 anos por cada un) de asasinato terrorista en grao de tentativa.

Na súa resolución, o tribunal imponlle tamén o pago dunha indemnización á viúva de 300.000 euros e 160.000 euros a cada un dos seus dous fillos. á filla do comandante, ademais, deberá indemnizarlle con 92.100 euros polas graves lesións sufridas e outros 250.000 euros polas secuelas do atentado.

Comentarios