viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Penas mínimas para o clan dos Morones pola agresión ás portas dos xulgados de Tui

Marino, Consuelo, Déborah e Saúl, durante o xuízo deste mércores. JAVIER  CERVERA-MERCADILLO
Marino, Consuelo, Déborah e Saúl, durante o xuízo deste mércores. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Unha vez coñecidas as súas sentenzas, tanto Sinaí como Saúl pediron desculpas aos agredidos por todo o ocorrido

Os irmáns Sinaí, Saúl e Consuelo Giménez Jiménez e a súa curmá Déborah chegaron na mañá deste mércores a un acordo coa Fiscalía e as acusacións particulares polo que se reduce sensiblemente as peticións de condena pola agresión sufrida en 2014 por dous gardas civís e un avogado ás portas do xulgado de Tui.

Deste xeito, Sinaí conformouse cun total dun ano de prisión e unha multa de 1.920 euros por delitos de atentado e lesións; Saúl con seis meses de prisión por atentado; e tanto Déborah como Consuelo a un ano de prisión por obstruccion á xustiza e multas que suman 2.880 euros, para cada unha.

Pola súa banda, Marino Giménez Jiménez foi absolto das acusacións, ao non quedar acreditada a súa participación nos feitos.

Finalmente, o último irmán do clan dos Morones, Juan Paulo, continúa en busca e captura ao non haberse presentado ao xuízo, polo que se mantén, de momento, a acusación contra el.

Unha vez coñecidas as súas sentenzas, tanto Sinaí como Saúl pediron desculpas aos agredidos por todo o ocorrido. O actual rei dos xitanos, que está en prisión por outros altercados e asistiu por videoconferencia, agregou que se atopa arrepentido que pagará canto antes as indemnizacións, que ascenden a un total de 11.000 euros para os dous axentes agredidos.

Os avogados do clan dos Morones, a través do letrado Marcos García Montes, mostraron a súa satisfacción polo acordo alcanzado. "Non había probas concluíntes para manter a acusación e todos tivemos que ceder un pouco", manifestou.

Penas mínimas para o clan dos Morones pola agresión ás portas dos...