Tres feridos en Cambre ao ser atropelados polo coche que tentaban arrincar

Por outra banda, en Vigo, produciuse unha colisión entre tres vehículos como consecuencia da irrupción dun can na vía

Foto de arquivo dun membro da Garda Civil. EP
photo_camera Un membro da Garda Civil. EP

Tres persoas resultaron feridas este luns en Cambre (A Coruña) despois de ser atropeladas por un turismo ao que estaban a empuxar para tratar de arrincalo. 

O incidente produciuse no lugar da Veiga, sobre as 9,30 horas da mañá, cando o 061 contactaba co 112 para alertar do sucedido. Os feridos foron trasladados a un centro médico.
 
O 112 tamén deu parte da situación á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e aos bombeiros de Arteixo. 

Por outra banda, en Vigo, produciuse unha colisión entre tres vehículos como consecuencia dun can na vía. O accidente, que tivo lugar sobre as 11,00 horas no quilómetro 6 da estrada PO-330, saldouse con dous feridos, que foron trasladados ao Hospital de Fátima. 

Neste caso, foi un particular quen contactou co 112 Galicia, e despois o CIAE-112 pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.