Cinco persoas resultaron afectadas por inhalación de gas en Vigo

A fuga de gas produciuse nun garaxe da Rúa de Fernando Conde
112 Galicia. DP
photo_camera 112 Galicia. DP

A rápida actuación dos servizos de urxencias evitou un tráxico desenlace en Vigo ao detectar unha fuga de gas no garaxe dun edificio. Un total de cinco persoas resultaron afectadas e foron trasladadas polos profesionais sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

O Centro Integrado de Atención as Urxencias 112 Galicia tivo constancia do suceso as 17:45 horas desta tarde. Nese momento, os membros de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitaban aos xestores do 112 a colaboración dos bombeiros na Rúa de Fernando Conde, en Vigo. Indicaban que no garaxe do edificio varias persoas presentaban náuseas e vómitos, ademais, unha delas perdera o coñecemento.

Enseguida, o persoal do 112 Galicia puña en alerta aos Bombeiros de Pontevedra e aos axentes da Policía Nacional e Local. Tamén informaron os voluntarios de Protección Civil da localidade por se fora necesaria a súa intervención.

Tras chegar ao lugar, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento comunicaron ao 112 Galicia que as lecturas de gas foron positivas polo que procederon a ventilar a instalación.

Finalmente, o persoal sanitario confirmou que cinco persoas foron trasladadas por culpa da inhalación de gas.

Comentarios